SERVIZO DE LIMPEZA PARA ESTABLECEMENTOS HOSTALEIROS

GARANTIMOS O SEU ÉXITO

O éxito ou fracaso dun establecemento hostaleiro, sexa cal for a súa dimensión, depende de moitísimas variables. Indubidablemente a orde e a limpeza son dúas delas. Cando viaxamos, sexa por traballo ou por lecer, todos desexamos descansar nun establecemento limpo, hixiénico, ordenado e seguro.

Para moitas empresas do sector contratar un servizo externo de limpeza de hoteis pode ser a solución. As vantaxes son moitas. Contar con profesionais especificamente formados para as distintas tarefas de limpeza que esixe un establecemento hostaleiro aforraralles diñeiro, tempo, esforzo e preocupacións.

salgado ofrece servizos profesionais de limpeza de establecementos hostaleiros, con independencia da súa categoría, ubicación e dimensión. Para o seu beneficio, Vd. só terá que asumir os gastos de limpeza das habitacións ou estancias que se utilicen. Estaremos á súa disposición segundo o grao de ocupación do seu establecemento, aforrándolle custos non só de persoal senón tamén de equipos e produtos. O noso obxectivo é a limpeza e a orde do seu establecemento.

A variedade de servizos que lle ofrece Salgado garántelle aforro de tempo na procura e xestión de distintas empresas ou provedores.

En moitas ocasións, contar con persoal propio de limpeza non resulta rendible. Non é xa só ter que manter o seu persoal con independencia da ocupación do establecemento, senón todos os custos asociados como os gastos de uniformes ou produtos e maquinaria de limpeza; ou a formación do persoal no uso e manipulación de nova maquinaria e produtos.

Os nosos servizos ao sector inclúen:

  • Limpeza diaria de habitacións, sanitarios e estancias
    Adaptámonos ás súas necesidades e ao índice de ocupación do establecemento en cada momento.
  • Limpeza profunda de fin de estancia en habitacións
  • Limpezas especiais
    Limpeza e desinfección de sanitarios; limpeza de alfombras; limpeza de cristais (interior e exterior); limpeza de pavimentos de todo tipo.
  • Limpeza de garaxes e pavimentos exteriores
    Mantemento de plantas decorativas de interior e/ou zonas verdes exteriores.

Non dubide en consultarnos e solicitar orzamento. Analizaremos o caso particular do seu establecemento antes de realizar unha proposta axustada ás súas necesidades.

ORZAMENTO