RESPONSABILIDADE SOCIAL

IMPLICADOS NO AVANCE SOCIAL, ECONÓMICO E MEDIOAMBIENTAL

_F5C6294En salgado estamos comprometidos coa nosa contorna e traballamos de modo activo e responsable pola sustentabilidade e o crecemento económico da nosa empresa, así como polo medio ambiente e o equilibrio social tanto con respecto ao noso propio cadro de traballadores como á comunidade que nos rodea.

Ademais, loitamos por cumprir o obxectivo de minimizar o impacto no medio do noso traballo, cumprindo a lexislación e incorporando de modo continuo procesos e produtos que nos axudan a coidar o medio ambiente.

Formamos parte de organizacións empresariais xenerais e do noso sector, de carácter local, provincial e galego. Estamos convencidos de que o avance económico e social ten que chegar do traballo individual pero tamén da conciencia colectiva.

Salgado está comprometida coa súa contorna social. Traballamos pola sustentabilidade e o crecemento económico.

Salgado colabora con distintas organizacións sociais, empresariais e deportivas, coas que de modo regular levamos a cabo acciós en beneficio de colectivos en risco de exclusión social, o fomento da actividade deportiva ou a integración laboral de persoas con discapacidades. Polo noso labor neste último campo recibimos en 2015 o Premio Down Compostela, que recoñece o traballo de entidades que contribúen a mellorar a calidade de vida das persoas con Síndrome de Down e discapacidade intelectual.

Nos nosos 30 anos de existencia temos colaborado e continuámos facéndoo con:

O uso de cookies

Este sitio usa cookies para que teña a mellor experiencia do usuario. Se continúa a navegar está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies anteriormente mencionadas e aceptación da nosa política de galletas, prema na ligazón para máis información.

ok