REFERENCIAS

UN COMPROMISO CONSTANTE COS NOSOS CLIENTES

Salgado conta cunha dilatada historia no ámbito da limpeza e servizos de mantemento. Son trinta anos a disposición dos nosos clientes, nos que destacamos por:

  • Cumprimento de compromisos.
  • Rigoroso sistema de seguimento da calidade do servizo.
  • Formación dos nosos traballadores, tanto técnica como en materia de seguridade.
  • Competitividade das nosas propostas.

Todo iso permítenos manter na actualidade unha carteira que supera o medio cento de clientes activos, entre os que se atopan as principais administracións públicas galegas e compostelás, grandes grupos de automoción, empresas tecnolóxicas e centros educativos, entre outros.

A nosa versatilidade, e a ampla formación e especialización dos nosos traballadores, permítenos dar resposta ademais á pequena empresa, as familias ou as comunidades de veciños.

ALGÚNS DOS NOSOS CLIENTES

Limpezas de obra

  • Aeroporto de Santiago
  • Cidade da Cultura de Galicia
  • Centro Comercial As Cancelas
  • Auditorio de Galicia
  • Escola Galega de Administración Pública
  • Centro Galego de Arte Contemporánea

Limpeza de mantemento:

  • Parlamento de Galicia
  • Cidade da Cultura de Galicia
  • Universidade de Santiago de Compostela
  • Universidade da Coruña
  • Concello de Ames
  • Concello de Brión

ORZAMENTO