TRABALLAR CON SALGADO

¿QUERE UNIRSE AO EQUIPO?

salgado ofrece postos de traballo nunha empresa consolidada, sólida e en continuo crecemento. Contamos cun cadro estable, altamente especializado e profesionalizado. Na toma de decisións contamos sempre coa opinión dos nosos traballadores e supervisores, conscientes de que eles son os que mellor coñecen as particularidades das nosas tarefas.

Diríxase a nós se quere formar parte de salgado. Ofrecemos oportunidades laborais e de formación aos nosos traballadores. A cambio pedimos seriedade e rigorosidade no traballo, e confianza nunha empresa con trinta anos de historia no sector da limpeza, o mantemento e servizos de apoio.

Polo carácter dos nosos servizos realizamos procesos de selección de persoal de modo regular. Teremos en conta todas as candidaturas. Cremos na estabilidade dos nosos equipos de traballo.

Contacte directamente connosco mediante o seguinte formulario. Se o desexa, pode enviarnos tamén o seu historial profesional directamente ás nosas oficinas en Rúa Palmeiras, 110 B. Pol. Ind. Novo Milladoiro. 15895 Ames (A coruña).

Captura de pantalla 2019-11-06 21.30.43