PROFESIONAIS DA LIMPEZA AO SEU SERVIZO

EQUIPOS FIXOS CON PROFESIONAIS CUALIFICADOS

Estamos comprometidos coa excelencia no só en relación ao noso traballo senón, e sobre todo, en canto ao noso equipo humano. Os profesionais son o noso mellor activo e a eles dedicamos gran parte do noso esforzo diario. Formación, adestramento, actualización de coñecementos e técnicas, prevención de riscos e seguridade e hixiene no traballo, son os cinco eixes sobre os que descansa a nosa política de xestión de recursos humanos.

Son máis de 350 os traballadores e traballadoras que de modo regular prestan os seus servizos en salgado. Exercen diariamente as tarefas que se lles encomendan organizados en equipos, encargados e supervisores de zona. Unha estrutura que facilita a mellor coordinación e o coñecemento inmediato de incidencias ou suxestións, o que garante un seguimento directo, unha mellor atención ao cliente e o perfeccionamento continuo dos nosos servizos.

Salgado traballa en equipo. O mellor activo é a confianza dos nosos traballadores.

Dispoñemos tamén dun operativo específico para intervencions rápidas e o que denominamos equipos na estrada, que permiten salgado poida solucionar imprevistos e situacións de urxencia achegando persoal, medios técnicos e maquinaria especializada; ou dar solución a servizos periódicos que requiren unha gran mobilización de equipos ou recursos técnicos específicos.

ORZAMENTO