SERVIZO A FAMILIAS

Non sempre se poden dedicar á casa e á familia o tempo e a enerxía necesarios.
Nós podemos facelo por Vostede. Ofrecémoslle a nosa axuda profesional.

  • Seguridade e confianza
    Para a súa completa tranquilidade, os nosos limpadores e coidadores a domicilio son entrevistados de forma minuciosa antes de se incorporaren ao equipo, ademais de contrastar as súas referencias e experiencia. Somos os primeiros interesados en que o noso servizo sexa ben valorado polos nosos clientes.
  • Comodidade
    Unha vez fixado o servizo e de que contemos coas súas instrucións xa non necesitará estar no seu domicilio mentres se realizan as tarefas. Os nosos equipos son de absoluta confianza.
  • Aforro e tranquilidade
    Vd. só aboará as horas que necesite. Nós encargámonos dos custos da Seguridade Social, as vacacións, ou de enviarlle persoal substituto en caso de necesidade. Non haberá sorpresas nin sobrecustos. As súas necesidades estarán sempre cubertas sen sobresaltos.

Proporcionamos profesionais cualificados para realizar os labores de limpeza de fogar, asistencia a maiores e coidado de nenos. Revisamos con periodicidade o seu traballo e o seu rendemento

PRESUPUESTO

 

O uso de cookies

Este sitio usa cookies para que teña a mellor experiencia do usuario. Se continúa a navegar está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies anteriormente mencionadas e aceptación da nosa política de galletas, prema na ligazón para máis información.

ok